Friday 17 de May de 2024

Volve a ‘Danza Rosa’ de Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama


· Será o sábado, 21 de outubro, e partirá ás 16 horas desde a praza do Concello ao Pavillón de Camariñas, no que se impartirá unha clase de zumba e repartirase auga e froita

· As persoas interesadas poden realizar a inscrición no Concello ou no local Chuchelandy, que inclúe un pano rosa co donativo de 5 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha ‘Danza Rosa’ para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado, 21 de outubro, as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16 horas, chegando ata o Pavillón Municipal, no que haberá unha última actividade.

Unha vez rematada a marcha, impartirase unha clase de zumba e repartirase auga e froita para repoñer forzas.

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse no Concello ou no local Chuchelandy, donde se lles dará un pano rosa co donativo de 5 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.